Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Historia e Cultura de Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 Serán valorizados o rigor analítico exibido, a claridade da exposición por escrito (e, no seu caso, tamén oral se for exposto na aula) e o axeitamento da metodoloxía ao traballo de pesquisa realizado. 30
Discusión dirixida B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propria coa dos compañeiros da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. 15
Recensión bilbiográfica A2 A11 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Será obxecto de estimación a capacidade analítica, de comprensión e de síntese a respecto do material a recensar, ben como a claridade expositiva do discurso. 10
Proba obxectiva A19 B1 B3 B5 B7 C1 Será avaliada a exposición realizada polo aluno consonte a criterios de articulación da exposición e adecuación ás cuestións formuladas. 40
Aprendizaxe colaborativa A2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Apreciarase de modo especial a capacidade para traballar en grupo e a receptividade das argumentacións dos demáis. 5
 
Observacións avaliación
1. Serán avaliados os alunos/as que asistiren á prova obxectiva e tiveren apresentado a recensión e máis o traballo tutelado. Onde non, serán considerados como non presentados.
2. Será requisito imprescindíbel para aprobar a disciplina, superar a proba obxectiva. Caso da suma das cualificacións do conjunto das actividades ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous na proba obxectiva, farase constar como cualificación final 4.9 implicando un suspenso na materia.
3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán umha diminución da nota.
4. Os alunos/as en situación de dispensa académica ou matrícula a tempo parcial deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado de metodoloxías.
5. Todos os alunos/as matriculados na materia (inclusive os que a tiverem pendente de cursos anteriores)deberán entregar obrigatoriamente unha ficha con foto actualizada. Sen ela non serán admitidos para a proba obxectiva nen lles serán corrixidos a recensión e mais o traballo tutelado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes