Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 No exame oficial de xaneiro todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta coas seguintes partes: gramática e vocabulario (25%) e comprensión auditiva (15%). 40
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2 O alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 5 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final. 15
Traballos tutelados A6 B3 B5 B6 C2 C2 O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Portafolios do alumno A6 A9 A15 B3 B6 No portafolios avaliaremos as tarefas de produción escrita (20%) e comprensión lectora (15%) realizadas ao longo do curso. 35
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final, da proba oral e do portafolios non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Para superar a materia o alumnado debe completar polo menos o 50% das tarefas de cada parte do portafolios (50% das tarefas de produción escrita e 50% das tarefas de comprensión lectora).  

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo (14) das “Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario"artigo (14). Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. 

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días).  

As posibles tarefas de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.

Os alumnos/as que non se presenten o día da proba mixta oficials acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

OPORTUNIDADE de XULLO: A distribución de porcentaxes será a seguinte: 1) proba mixta (40%), resultado da proba de gramática e vocabulario (25%) e a proba de comprensión auditiva (15%); 2) portafolios (35%), resultado das tarefas de produción escrita (20%) e as tarefas de comprensión lectora (15%); 3) traballo tutelado (10%); 4) entrevista oral co profesorado (15%)

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Atención á diversidade:

A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na
UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira
previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes