Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Lingüística Xeral
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook As lecturas proporcionaranlle ao estudante a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Workshop Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise de xeito contrastivo de propostas de diferentes autores ou momentos históricos, todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias.
Mixed objective/subjective test A metade a ao final do curso os alumnos deberán realizar unha proba de tipo teórico e aplicado, con preguntas de resposta aberta e/ou pechada, que suporá o 45% da cualificación final.
Seminar Constituirá un método habitual de traballo, principalmente nas aulas de grupo mediano e reducido: o profesor plantexará algún tema (ben por iniciativa del, ben pola dos alumnos) sobre o que se traballará, debatirá e elaborarán conclusións, utilizando materiais aportados polo profesor ou buscados polos estudantes e, sobre todo, utilizando a reflexión individualizada e grupal e a posta en común.
Guest lecture / keynote speech Haberá unha sesión maxistral de 90 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do profesor, consistirán na exposición por parte deste dalgúns contidos seleccionados ben por iniciativa propia ou a proposta dos estudantes, xa sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, corrixilos ou tratar outros completamente novos.
Supervised projects Os alumnos deberán realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor e, cando este o determinar, sendo controlado o seu traballo cando menos en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo, ...) O obxectivo é que o estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias da área de coñecemento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes