Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 Proba escrita que o/a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre, nas datas oficiais marcadas polo centro. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Comprende toda a actividade desenvolvida polo estudante na aula e fóra dela. Teranse en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso. 10
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso. 40
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro 2021) responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 50% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA. Celebrarase unha proba mixta escrita (exame) no mes de xaneiro, na data oficial de exame da materia. Para aprobar a materia, é imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4.00 nesta proba. Durante o curso celebraranse dúas probas parciais eliminatorias de contido. Quen as supere, non deberá examinarse deses contidos na proba oficial do mes de xaneiro.

1.2. Un 40% obterase da realización de DÚAS OU TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en formato impreso. As actividades deben entregarse nas datas fixadas.

1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.

1.4. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables. Ao iniciarse o curso, todos os alumnos repetidores ou con dispensa académica oficial deben comunicar ao profesorado en que grupo interactivo se encadran. Ademais, os repetidores deben comunicar se asistirán ás aulas xa que, de non facelo, aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula (50%+40%+10%).

1.5. Superará a materia quen obteña unha cualificación media mínima global de 5.00, logre un mínimo de 4.00 puntos na parte da proba mixta escrita, e entregue polo menos dúas actividades avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2021):

2.1. Consérvanse as cualificacións das probas e actividades superadas na 1.ª oportunidade.

2.2. Quen deba realizar o exame (proba mixta escrita), farao no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). Examinarase dos contidos parciais non superados anteriormente.

2.3. Realizaranse a/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás realizadas en xaneiro, inda que co mesmo formato). Estarán dispoñibles en Moodle ao rematar o período de exames do segundo cuadrimestre.

2.4. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2.ª oportunidade de xullo: (a) proba mixta escrita, 50%; (b) actividades ou tarefas avaliables, 50%.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2020):

3.1. Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns poucos créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a documentación pertinente na web da UDC.

3.2. Realizarase a avaliación exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas oficiais (ou os seus parciais) e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.

________________________________________

NOTA. Uso de ferramentas antiplaxio. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopar coincidencias que exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non recibir puntuación algunha polo traballo afectado e mesmo a cualificación global de suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes