Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Exercicios de análise e de comentario lingüístico e literario a propósito dos diversos temas e subtemas do programa. Poderán ser de carácter oral, no curso das sesións de grupo intermedio e reducido, ou escrito, en forma de actividades avaliábeis de carácter individual.
Lecturas Lectura por conta do estudante dun dossier de textos de carácter literario e/ou académico que lle será proporcionado polo profesor. Estes textos serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliábeis que consistirán en recensións e/ou controis de lectura de carácter individual, presentados por escrito
Proba obxectiva Exercicios individuais e escritos de carácter teórico-práctico sobre as cuestións desenvolvidas durante o curso.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes