Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Exercicios de análise e de comentario lingüístico e literario a propósito dos diversos temas e subtemas do programa. Poderán ser de carácter oral, no curso das sesións prácticas, ou escrito, en forma de actividades avaliábeis de carácter individual.
Lecturas Lectura por conta do estudante dun dossier de textos de carácter literario e/ou académico que lle será proporcionado polo profesor. Estes textos serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliábeis que consistirán en recensións e/ou controis de lectura de carácter individual, presentados por escrito
Proba obxectiva Proba 1, sobre os cinco primeiros temas (cuestións de lingua latina), que se realizará en metade do cuatrimestre
Proba 2, sobre os cinco últimos temas (cuestións de literatura latina), que se realizará na fin do cuatrimestre
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes