Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 B2 B5 Unha parte das actividades de análise e comentario de textos propostas aos estudantes será presentada por escrito conforme aos prazos e condicións acordados entre o profesor e os estudantes. O valor destes exercicios será, como máximo, un 30% da cualificación final. Neste apartado tamén se contempla un máximo do 10% da cualificación final para a asistencia e participación activa sas sesións de grupo intermedio e reducido, onde se leven a cabo de forma oral actividades destas características (debates, comentarios de textos etc) 40
Lecturas B3 B6 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante controis de lectura ou, no seu caso, recensións 10
Proba obxectiva A13 B1 B7 Proba escrita individual de carácter teórico-práctico que se efectuará nos prazos estipulados polo calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. 50
 
Observacións avaliación

As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva.

A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. Agora ben, tanto na oportunidade de xuño como na de xullo requirirase unha nota mínima de 4 na proba obxectiva para poder optar ao aprobado sumando as puntuacións relativas ás restantes metodoloxías

Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes. 

De non realizar a proba final prevista o estudante será cualificado como Non Presentado.

Os estudantes que disfruten da dispensa académica recibirán, no apartado de Análise de fontes documentais, un máximo do  40% da cualificación final en función das actividades que teñan presentado por escrito ao longo do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes