Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 B2 B5 Un 40% da cualificación final resultará dos exercicios prácticos (de análise lingüística, de comentario literario de textos etc) propostos aos estudantes durante as sesións prácticas ou resoltos de xeito autónomo. 40
Lecturas B3 B6 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante un control de lectura 10
Proba obxectiva A13 B1 B7 O estudante efectuará dúas probas: unha en metade do cuatrimestre, sobre cuestións le lingua (cinco primeiros temas) e outra a fins do cuatrimestre sobre cuestións de literatura (cinco últimos temas). 50
 
Observacións avaliación

A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma
das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas,
será de 5. 

Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de
xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico
sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a a aquelas
partes que non tivesen superado previamente. 

De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será
cualificado como Non Presentado.









A avaliación da convocatoria extraordinaria de
decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico
sobre contidos de lingua e de literatura. 

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artículo 14).

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);  no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes