Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter teórico-práctico en que se demostrarán os contidos e as competencias adquiridas na materia.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Lecturas Realización da lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario.
Obradoiro Nas sesións de docencia interactiva, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas, en que se inclúen exercicios escritos, solucións de problemas, probas de discriminación, discusións dirixidas, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise de fontes documentais, prácticas a través de TIC, traballo en grupo e aprendizaxe colaborativa. Alén destas actividades prácticas, destinadas á consolidación dos contidos presentados na "Sesión maxistral", no "Obradoiro" daranse as pautas para poder elaborar as prácticas de entrega englobadas nas metodoloxías denominadas "Solucións de problemas" e "Presentación oral".
Presentación oral Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que realizar unha proba oral a partir das instruccións facilitadas previamente polo profesorado da materia.
Solución de problemas Como complemento á "Sesión maxistral" e ao "Obradoiro", o alumnado deberá realizar unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais de aplicación dos contidos teóricos á práctica. As instrucións para a realización e entrega do traballo tutelado daranse no inicio do curso e estarán penduradas no Campus Virtual da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes