Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A2 A4 A9 A10 A11 A15 A18 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 Será avaliada a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica e mais a corrección na análise e na expresión escrita, a capacidade analítica e crítica, así como a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 25
Presentación oral A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B10 C1 Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipo e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. 10
Traballos tutelados A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, os contidos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". 25
Proba mixta A2 A4 A9 A10 A11 A15 A17 A18 A19 A20 B4 B6 B7 C1 Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os contidos presentados e estudados nas sesións maxistrais e no obradoiro. 40
 
Observacións avaliación
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.
1.2. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará en Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado ou que non cumpran coas pautas indicadas non serán obxecto de avaliación.
1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o día 06/07/2018 e pendurado en Moodle).
1.4. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente dispoñibilizados polo profesor responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas e/ou a través de Moodle. O/a docente proporcionará, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
1.5. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados a unha ferramenta informática para a detección do plaxio e de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario" da Universidade da Coruña (artigo 14).

2. AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)
2.1. Na 2.ª oportunidade, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.
2.2. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á 2.ª oportunidade (xullo). Para superaren a mateira nesta oportunidade, os/as alumnos/as deberán aprobar (con 5 puntos sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, poderán ser recuperadas todas aquelas tarefas non superadas ou non presentadas na oportunidade anterior.

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
3.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co profesorado da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos), unha "Presentación oral" (2 puntos) e un "Traballo tutelado" (3 puntos).

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)
4.1. Será considerado Non Presentado aquel alumnado que non se presentar á "Proba mixta" e que non presentar ningunha das actividades contempladas na avaliación.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
5.1. O estudantado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

6. ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA
6.1. O alumnado de segunda matrícula que non poida asistir ás aulas deberá contactar co profesorado da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes