Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que as actividades teñen como fin a obtención de información sobre o nivel de competencia do estudantado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades.
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e prácticos, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos do estudantado da lingua inglesa e os temas aprendidos.
Discusión dirixida Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento do profesor, nos que se poñen en práctica as habilidades do estudantado, e nos que poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos.
Proba oral Unha proba na que se avalía a competencia comunicativa, dentro do contexto dunha entrevista individual ou de parellas, cun ou ambos os profesores.
Seminario Son sesións prácticas nas que se traballan as habilidades básicas en relación co programa, e nomeadamente, o speaking, o listening e o reading.
Proba obxectiva Exame escrito. Permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas e basearase nos materiais utilizados ao longo do curso.
Foro virtual Espazo de participación virtual no Moodle, no que o estudantado deberá participar, enlazando novas e expresando a súa opinión sobre elas, debatindo e contestando as achegas dos compañeiros, e tentando convencer os demais.
Portafolios do alumno Conxunto de tarefas de redacción encomendadas durante o cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes