Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Francés
   Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Solución de problemas
Proba obxectiva
Proba oral
Lecturas
Descrición
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. A profesora fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
A profesora atenderá puntualmente e de forma individualizada ao alumnado cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
O alumnado pode acudir en horario de tutorías e aulas á profesora para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estime pertinentes. Pódese tamen solicitar a realización de tutorías virtuais, individuais ou grupais, a través de Teams.
Os horarios de tutorías da profesora da materia pódense consultar na páxina web da facultade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes