Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Asignaturas
Idioma Moderno: Francés
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver: Observacións avaliación.
30
Proba oral A8 B3 B6 B7 B8 C2 Proba oral que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver: Observacións avaliación.
12
Proba obxectiva A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver: Observacións avaliación.
42
Discusión dirixida A8 A10 A15 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver: Observacións avaliación.
16

Observacións avaliación

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa
saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis
na UDC/no Centro: nos prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade
de
Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu
defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

O alumnado ten dúas
oportunidades para superar a materia: a primeira ao remate do primeiro
cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.

1. Avaliación da
primeira oportunidade:

1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade é
obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se
avaliarán os contidos gramaticais, o léxico, a comprensión lectora, a expresión
escrita e a comprensión auditiva.

A data, horario e
ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web
da facultade.

1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e aprobar (5)
unha proba oral final na que se avaliarán a expresión, a comprensión e a
interacción oral.

A profesora comunicará en
Moodle coa suficiente antelación a data, hora, lugar, quendas e outras
indicacións relativas á realización da proba oral.

1.3. É obrigatorio realizar ao longo do cuadrimestre
un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas e
contidos da materia, organizados en dous bloques:

Bloque A ["Solución de problemas"]: actividades
de práctica dos contidos gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da
comprensión lectora.

Bloque B ["Discusión dirixida"]: actividades de
práctica da produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades
valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico).

Ademáis das actividades
presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión
presencial o alumnado deberá realizar unha tarefa non presencial.

Agás causa debidamente
xustificada e sempre coa autorización previa e expresa da profesora, non se
admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha
delas.

Para que estas
actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter
realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade,
o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima
de 5 sobre 10 en cada bloque.

1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do
alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

a. Un 45% valorará o exame escrito,
coas seguintes porcentaxes:

Contidos gramaticais,
léxico, expresión escrita, comprensión lectora: 35%

Comprensión auditiva: 10%

b. Un 15% valorará a proba oral.

c. Un 40% valorará as actividades de
avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os
requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:

Bloque A: actividades de gramática, léxico, expresión
escrita e comprensión lectora: 25%

Bloque B: actividades de produción, comprensión e
interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o
léxico): 15%

A materia considérase
aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas
dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda
oportunidade de avaliación. Os apartados aprobados na primeira oportunidade
consérvanse para a segunda.

Para as implicacións da
realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das
actividades, ver apartado 6.

2. Avaliación da segunda oportunidade:

2.1. De suspender a materia na primeira oportunidade
por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba
oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.

A data, horario e
ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web
da facultade.

A data, lugar, hora e
outras indicacións para a realización do exame oral da segunda oportunidade
comunicaranse en Moodle coa suficiente antelación.

2.2. De suspender a materia na primeira oportunidade
por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B,
o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas
sustitutivas.

A profesora fará públicas
en Moodle coa suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades
asignadas, datas de solicitude e entrega...).

Para as implicacións da
realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das
actividades, ver apartado 6.

3. Na convocatoria extraordinaria de decembro
o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas distintas
destrezas da materia mediante unha proba escrita (nota mínima 5 sobre 10; 70%
da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre 10; 30% da nota final).

Para as implicacións da
realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado
recibirá a cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas
situacións: non terse presentado a ningunha das probas de avaliación (escrita e
oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das
programadas.

5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial con dispensa académica,

previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as

actividades de avaliación continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no apartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.

Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do alumnado.

Para a avaliación da
segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o
material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración
individual (agás

indicación expresa da profesora) e persoal. A realización
fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das actividades de
avaliación continua implicará automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías avaliables.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

7. Nos casos non contemplados anteriormente
aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

Segundo as distintas normativas que regulan as ensinanzas universitarias, cómpre incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e o fomento da participación de todo o alumnado na clase, independentemente do seu xénero.

Prestaremos especial atención en identificar e abordar os prexuízos e as actitudes sexistas. Traballaremos activamente para cambiar este entorno e promover valores de respecto e igualdade.

Os nosos esforzos centraranse na detección de casos de discriminación de xénero e na posta en marcha das accións oportunas para corrixir estes casos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes