Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A8 A16 B5 B7 C1 Proba de preguntas teóricas do aprendido durante o curso e de comentario e análise de textos. Só se terá en conta o exame final (ou os exames parciais) cando o alumno obteña, polo menos, catro puntos de dez. No caso de que a nota sexa inferior a catro, o/a alumno/a terá que volver facer o exame final ou os parciais. 50
Proba práctica A1 A8 Exames e tests orais ou escritos sobre as lecturas realizadas no curso. 30
Seminario A1 A2 Participación e desenvolvemento dos traballos dentro dos seminarios, incluindo outros tests sobre as lecturas. 20
 
Observacións avaliación

Os estudantes deben completar as lecturas propostas (ver listaxe de contidos do programa) sempre antes de que sexan analizadas ou comentadas en clase, para que a interactividade e o debate sexa posible. Igualmente, o profesor establecerá un test ou unha proba de lectura, que se realizará sempre na clase (agás imposibilidade), sobre cada unha das lecturas en curso, xa sexa nese momento ou máis tarde de que esas obras se traballaran na aula. As lecturas son obligatorias e todas elas serán avaliadas de xeito individual. As lecturas e os seus tests respectivos forman parte da avaliación da asignatura, no apartado proba práctica e seminario, como se indica enrriba destas liñas. Podería demandarse por parte del profesor unha presentación oral.

O exame escrito completará a avaliación da materia.

Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán actividades, traballos ou un ensaio sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional, agás que o indique o profesor específicamente.

Os alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado.

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Sobre o plaxio

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Diversidade:

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes