Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 O exame terá CATRO partes: unha tradución ao inglés (20%), unha tradución ao galego (10%), unha tradución ao español (10%) e unhas preguntas sobre contidos teóricos ou teoría aplicada (10%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas catro partes para aprobar o exame. 50
Obradoiro B2 B4 B6 C3 O 25% correspondente a inglés consistirá en:
1. Unha tradución individual do inglés ao español (15%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%)
________________________________

O 12,5% consistirá en exercicios e actividades de tradución inglés-español realizados na aula e supervisados polo profesorado.
37.5
Traballos tutelados A4 A5 A6 C2 C1 Unha actividade de tradución ao galego que será indicada e supervisada polo profesorado. 12.5
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado.

-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades equivalentes aos obradoiros sinaladas polos profesores correspondentes.

- Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións da parte de inglés correspondentes ao traballo individual e en grupo, no seu caso, mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle da UDC, e que haberá que entregar ao profesorado correspondente antes ou na mesma data do exame oficial.

-Na oportunidade de xullo recuperaranse as actividades e exercicios da parte de español non superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle.

-Na oportunidade de xullo recuperarase o obradoiro (tradución ao galego)
mediante unha actividade equivalente que será dispoñibilizada na
plataforma Moodle.

-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta acadarán a cualificación de NP (Non Presentado).

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a segunda  oportunidade.

-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

Máis sobre os plaxios

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de avaliacións, de cualificacions s de reclamacións na avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes