Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A18 B1 B6 C3 Os alumnos realizarán un traballo individual; consiste nunha reseña dun libro de unha listaxe segundo un modelo e unhas instruccións. Débense incluír datos completos de fontes bibliográficas e electrónicas consultadas. O plaxio (que inclúe copiar e pegar) implicará un suspenso nesta parte da avaliación. A facultade dispón dun programa (Turnitin) para detectar plaxio, incluíndo a entrega de traballos previamente avaliados para outras materias polo mesmo estudante ou outros.

Data de entrega: 14 de decembro 2018.
25
Proba mixta A2 A11 B7 Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. 50
Prácticas a través de TIC B3 C3 Acceso a materiais e fontes a través de Internet e/ou fotocopias. Estudo e avaliación crítica de materiais. Algunhas tarefas realizadas entregaranse para a súa cualificación.
TGR: 5%
Interactiva: 20%
Ver nota sobre plaxio arriba.
25
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
  • A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición da(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
  • A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  • Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2018-19 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
  • As datas para a entrega de tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  • Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba escrita (a mixta) e que tampouco entregase tarefas ou prácticas.
  • Os alumnos que suspenden na primeira oportunidade e non se presentan á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
  • Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades, seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

  • Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes