Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Fonética da Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A11 A15 B2 B6 C6 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas teórico-prácticas ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total das tarefas teórico-prácticas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para superar a materia. 40
Proba obxectiva A1 A3 A6 A15 A18 A19 A20 B2 B4 C2 O alumnado deberá facer un exame final na data oficial de xaneiro. A nota mínima para esta proba non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para superar a materia. 40
Prácticas de laboratorio A1 B2 B3 B7 C3 C2 O alumnado deberá realizar unha práctica de laboratorio individual, ben de forma presencial ou a través das TICs, como parte da avaliación do curso. 20
 
Observacións avaliación

Observacións xerais



Para superar a materia, a suma das distintas actividades e probas avaliables deberá ser 5 sobre
10
. Ademáis, a cualificación mínima
das tarefas teórico-prácticas (estudo de casos), así como da proba obxectiva
non poderá ser inferior a 4
, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Así
mesmo, o alumnado deberá realizar como mínimo a metade das actividades
necesarias. De non ser este o caso, o/a alumno/a non será cualficado e na acta
oficial rexistrarase como “non presentado”. Os/as alumnos/as que non se
presenten o día do exame oficial acadarán a cualificación de NP (“non
presentado”), independentemente das actividades realizadas con anterioridade.
En caso de non acadar a nota mínima nalgunha das partes da materia, o/a
alumno/a terá que repetir esa parte (ou partes) no exame de xullo, coas mesmas
porcentaxes.

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico,medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.



Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de actividades se estas son entregadas fóra de prazo
sen causa
xustificada e sempre que a entrega sexa dentro das 48 horas posteriores ao prazo
de entrega límite establecido. Actividades con máis de 48 horas de retraso na
entrega non será cualificadas.



Os traballos con evidencia de plaxio será cualificados
automáticamente cun 0
. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades.



Tanto a proba obxectiva como as tarefas teórico-prácticas deben
atender aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios do
nivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias nesta área
serán penalizadas.

 

Datas e horarios do exame final



As datas e horarios das probas oficiais serán aprobados
pola Facultade e publicados para cada curso con anterioridade ao inicio do
mesmo.

 

Oportunidade de xullo



O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra
oportunidade en xullo, coa seguinte distribución de porcentaxes: 1) Proba obxectiva (40%); 2) Prácticas de laboratorio (20%); Tarefa/s teórico-práctica (40%). Os/as
alumnos/as que teñan superado algunha parte da materia, non terán que repetila en xullo.

 

Alumnado con dispensa



O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera oportunidade seguindo os mesmos
criterios que para a oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que
teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar coa
profesora ao comezo do cuatrimestre  para facer os axustes precisos
nas distintas actividades. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes