Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Fonética da Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A6 A11 A15 A18 A19 A20 B3 B6 B8 C6 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas de transcrición fonética (desde textos escritos e orais) ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total destas tarefas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 30
Proba obxectiva A1 A6 A11 A14 A15 A18 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C2 O alumnado deberá facer un exame final na data oficial de xaneiro. A nota mínima para esta proba non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 50
Solución de problemas A11 A14 A15 B2 B5 B6 B7 B9 B10 C2 C3 C7 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas teórico-prácticas ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total das tarefas teórico-prácticas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.


  • Superación da materia

 Para superar a materia, o estudantado terá que cumplir as
seguintes dúas condicións:

A) Media ponderada do conxunto das actividades superior a 50.

B) Ter máis dun 40% da nota en cada unha das seguintes tarefas: "proba obxectiva", "estudo de casos" e "solución de problemas".

No caso de non cumprir con algunha destas condicións, o
estudantado terá que acudir á oportunidade de xullo.



  • Entrega de traballos:

Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra
de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán
cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar
programas específicos de detección do plaxio. Calquera falta de honradez
académica (plaxio, copia de traballos, copaia de exames, etc.) penalizarase, de
acordo ao establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos
10.3.f e 11.4.b, co suspenso en ambas oportunidades.

  • Cualificación de Non Presentado (NP):

Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado
deberá non ter realizado a Proba obxectiva / Exame final, nin as probas finais de transcrición (Estudo de Casos)
  • Corrección Lingüística:

Tanto a proba obxectiva como as tarefas teórico-prácticas deben atender os requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios do nivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias nesta área serán penalizadas.


  • OPORTUNIDADE DE XULLO:

O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade
terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das
diferentes actividades de avaliación mais na que os traballos de Estudo de Casos e Solución de Problemas serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da
materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non poderán
ser repetidas na oportunidade de xullo. 


  • DISPENSA ACADÉMICA:



O estudantado con dispensa académica oficialmente
recoñecida será avaliado segundo as indicacións para a oportunidade de
xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións
dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta
situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña
coñecemento da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes