Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Norteamericana 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A6 A15 A16 A18 B4 B7 B8 B10 C2 En algunhas clases, as/os estudantes traballarán en grupo ou individualmente para escribir ensaios, facer debates, realizar lecturas dramatizadas, etc. ao redor dos textos obrigatorios. Os exercicios completaranse e corrixirán en clase. A profesora tomará nota do traballo do alumnado e recollerá algúns dos exercicios. 20
Seminario A3 A9 A14 A16 A17 A18 A19 B7 B8 B10 C4 Ao longo do curso, haberá 2 probas de redacción en clase que valerán 15% cada unha. O formato requirido será o dun ensaio académico, é dicir: introdución (con “thesis statement”), corpo e conclusión. Isto significa que non só terase en conta o contido do traballo, senón tamén a forma (incluíndo a gramática, a puntuación, etc.). 30
Presentación oral A6 A9 A15 B1 B3 B4 B6 B8 B10 C2 A presentación oral en clase/performance é OPCIONAL. Realizarase entre 3 e 9 estudantes do mesmo mini grupo (A1, A2, B1 ou B2), que terán que recitar e/ou escenificar as obras obrigatorias—un poema de Walt Whitman, unha escena de The Scarlett Letter, etc.—ou outras relacionadas—películas como The New World, series de televisión como Jamestown, etc. Cada estudante terá que falar de 1 a 2 min. Aínda que ler está prohibido, disfrazarse é recomendable e ensaiar é esencial. 10
Proba de ensaio A1 A2 A3 A6 A15 A16 A18 B6 B8 A(s) pregunta(s) do exame tamén terá(n) que responderse a modo dun ensaio académico (vid. seminario). 40
 
Observacións avaliación
-Para aprobar esta materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UN dos ENSAIOS (seminario), no apartado de OBRADOIRO e no EXAME final, e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Para a oportunidade de XULLO, haberá probas obrigatorias de ensaio, exercicios e exame ao igual que en xuño. Nesta ocasión, cada estudante deberá realizar a(s) sección(s) que non superase na primeira oportunidade. A presentación oral opcional terá OS MESMOS REQUISITOS que en xuño, i.e.: terá que ser feita en vivo, probablemente o mesmo día do exame, ao rematar este. 

-O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

-O estudiantado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e poderá avaliarse segundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo.

-Para NON obter a cualificación de "Non presentado", a/o estudante debe asistir ao exame (mesmo se é só para escribir o seu nome) OU facer polo menos a metade do traballo puntuable.

-Todos os exercicios/ensaios deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes