Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Norteamericana 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A6 A15 B1 B3 Participación na clase na discusión dos textos con curtos exercicios escritos en resposta as leituras obrigadatorias, tanto as primarias como as secundarias. Breves actividades de clase deste tipo celebraranse con frecuencia semanal se é posibel. Todolos exercicios e actividades, ademais da participación, evaluaránse e formarám parte de xeito cumulativo do 20% outorgado a esta parte do traballo do curso. Presentacións orais voluntarias tamén incluiranse neste procentaxe para millorar a nota final. 20
Análise de fontes documentais A1 A2 A6 A15 B1 B3 Farase un examen final de toda a materia impartida cun valor do 30% da nota final. Constará de duas preguntas tipo ensaio nos que analizaranse os textos primarios en base a temas específicos. É necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 neste examen para poder sumar as notas dos demais traballos e exercicios. 30
Traballos tutelados A1 A2 A6 A15 B1 B3 Dous ensaios cun analise orixinal e crítico de textos seleccionados. Elixirase o tema do ensaio dunha lista de preguntas repartida polo profesor ou decidirase o tema en consulta co profesor. Se é necesario, pedirase o alumno que revise o ensaio para millorar a sua nota. O primeiro ensaio (750-1000 palabras) valerá o 20% da nota final, mentras que o segundo ensaio (1250-1500 palabras) valerá o 30%. Entregaranse en datas fixas anunciadas durante ocurso.


Valorarase a profundidade e orixinalidade do analise, ademais da consistencia e coherencia da argumentación. Un nivel axeitado de inglés e necesario. Ningún traballo aceptarase sen excusa razonada e documentada trala data fixada de entrega.
50
 
Observacións avaliación

Todo traballo evaluable, salvo a nota asignada a traballos participativos na clase, debe acadar polo menos un 40% para poder sumarse a nota final. Considérase presentado aquel alumno que realice polo menos o 50% do traballo evaluable. De non superar 50% na nota final, o alumno terá que realiza as probas da oportunidade de xullo

CONVOCATORIA XULLO:

Constará de duas probas que valerán 50% cada unha:

1. Exame final

2. Ensaio (1250 palabras mínimo)

Estudantes con dispensa especial evaluaranse segunda as normas da convocatoria de xullo (50% exame final e 50% ensaio).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade dexullo.

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contrao plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/apropio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes