Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 B1 B5 B6 B7 B10 Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 20
Presentación oral A18 B1 B2 B5 B6 Levarase a cabo unha presentación oral sobre un tema de gramática cun enfoque didáctico. Ademais dos contidos e a orixinalidade, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral.
20
Proba mixta A1 A11 A18 B1 B5 B6 Realizaranse dúas probas parciais ao longo do curso OU unha proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio presentarse á proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 40
Obradoiro A11 A18 B6 Ao longo do curso recolleranse e avaliaranse exercicios, pequenas tarefas ou actividades relacionadas co exposto e traballado nas aulas ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso.

20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a
materia, a suma da proba mixta, o traballo tutelado, a presentación oral
e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima
de cada unha das metodoloxías avaliables (actividades de obradoiro /traballo tutelado/ presentación oral e proba mixta) deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo (14) das “Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario"artigo (14). Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. 

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días). 

As actividades extraordinarias ("extra-credit") que o
alumnado realice ao longo do cuatrimestre poderá supoñer ata un 5% extra na
nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou
calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado
e aceptada polo profesorado.

Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

As datas do traballo tutelado, a presentación oral e a(s) proba(s) mixta(s) serán anunciadas con moita anticipación.









OPORTUNIDADE DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: entrega dun traballo tutelado (20%), exposición oral (20%), actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do curso (20%) e proba mixta sobre os contidos do curso (40%).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

 

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Atención á
diversidade
: A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na
UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira
previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes