Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 B1 B5 B6 B7 B10 O alumnado realizará un traballo ao longo do curso. Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 20
Presentación oral A18 B1 B2 B5 B6 Levarase a cabo unha presentación oral sobre un tema de gramática cun enfoque didáctico. Ademais dos contidos e a orixinalidade, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral.
20
Proba mixta A1 A11 A18 B1 B5 B6 Realizaranse dúas probas parciais ao longo do curso OU unha proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio presentarse á proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 60
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE

Para superar a materia, a suma da proba mixta, o traballo tutelado e a presentación oral deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima de cada unha desas partes deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días).

As actividades extraordinarias ("extra-credit") que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas, participación voluntaria en foros ou calquera outra actividade voluntaria proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.

Os/as alumnos/as que non se presenten o día das probas mixtas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron o traballo tutelado ou a presentación oral.

As datas do traballo tutelado, a presentación e as probas mixtas parciais ou finais serán anunciadas con moita anticipación.

OPORTUNIDADE DE XULLO:

 

Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: entrega dun traballo tutelado (20%), exposición oral (20%) e e proba mixta sobre os contidos do curso (60%).

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo.

Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Igualdade de xénero: Nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores y de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas por igual. Do mesmo xeito, procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes