Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Francés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
40
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Presentación oral dun traballo tutelado que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
20
 
Observacións avaliación

LEA ATENTAMENTE A INFORMACIÓN QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a materia: a
primeira ao remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes de xullo. As
datas oficiais deben ser contrastadas polo alumnado nos taboleiros oficiais ou
na páxina web do centro inmediatamente antes de cada período de exames.

2. A materia está dividida en 2 partes: teórico-práctica [contidos
gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita] (50% da nota final) e
práctica [léxico, expresión, comprensión e interacción oral] (50% da nota
final). É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre 10 en cada parte
para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só unha parte da
materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a segunda
oportunidade de xullo.

2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar e obter unha nota
mínima de 5 sobre 10 nunha proba final escrita ao remate do 2º cuadrimestre (na
data, hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade).

2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio realizar e aprobar
cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, consistente na
presentación oral dun traballo tutelado, que se realizará ao remate do 2º
cuadrimestre. O profesorado comunicará públicamente a data, hora e lugar de
realización deste exame oral.

2.3. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de
exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas obxecto da materia.
Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar un
exercicio non presencial. Agás causa xustificada e sempre con autorización
expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do
prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser
tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes
da realización do exame da primeira oportunidade, o 85% das actividades
programadas e obter unha nota media de 5 sobre 10.

3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do
alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

3.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final):

a) Un 50% da nota valorará o exame escrito (debe cumprir os requisitos
do apartado 2.1).

b) Un 45% valorará as actividades (deben cumprir os requisitos do
apartado 2.3).

c) Un 5% corresponderá á asistencia ás aulas e ás actividades
presenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é
igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b desta parte da materia son
recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver
apartado 4).

3.2. Parte práctica (50% da cualificación final):

a) Un 30% valorará o exame escrito (debe cumprir os requisitos do
apartado 2.1).

b) Un 30% valorará o exame oral (debe cumprir os requisitos do
apartado 2.2).

c) Un 35% valorará as actividades (deben cumprir os requisitos do
apartado 2.3).

d) Un 5% corresponderá á asistencia ás aulas e ás actividades
presenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c, d é
igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas
mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).

4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade non supere
globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos poderá
recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo (na data, hora e
lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade) segundo as
porcentaxes e criterios expresados máis arriba.

4.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a
puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberá facelo(s) de
novo na segunda oportunidade.

A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización do exame oral
da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente antelación.

4.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a
puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para a segunda oportunidade
unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter acadado as
competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará
públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.).

4.3. De suspender a materia na primeira oportunidade e ter unha
puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cada parte da materia, a porcentaxe
asignada a este apartado (5%) engadirase a unha das partes que haxa que
recuperar, nesta orde de prelación: a) exame escrito; b) actividades; c) exame
oral.

5. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado das súas
competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita
teórico-práctica (nota mínima de 5 sobre 10; 60% da nota final) e unha proba
oral (nota mínima de 5 sobre 10; 40% da nota final).

6. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a alumna recibirá a
cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: se non se
presentar a ningunha das probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o
número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas
en cada parte da materia.

7. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia pode, sen asistir ás aulas,
realizar e entregar as actividades programadas segundo o disposto no apartado
2.3 (as actividades presenciais serán substituidas por outras non presenciais
equivalentes). En caso contrario, aplicaráselle o establecido no apartado 4.2.
En calquera caso, a porcentaxe asignada en cada parte da materia á asistencia
(5%) reasignarase como se indica no apartado 4.3.

O alumnado que teña oficialmente recoñecida a dispensa académica de
exención de asistencia deberá acreditalo documentalmente á profesora
coordinadora da materia antes do mes de marzo do presente curso.

8. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o
alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da
materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de elaboración
individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de
detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias.
De se producir algunha destas circunstancias activaranse as medidas recollidas
nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

9. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes