Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  A Literatura Inglesa e a súa Crítica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A10 B5 B7 B8 Comentarios de texto feitos na clase. Se recollerán tres ou catro durante o curso. 1.5 punto. 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A10 A14 A15 A16 B1 B3 B7 B8 B10 C2 C3 Realizacion dun traballo individual que teña que ver con algún aspecto da materia. Un plaxio confirmado supón a non cualificación desta proba. 2 puntos 20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A10 A11 Proba deseñada para avaliar esta materia nun 50 por cento da nota (5 puntos). Os alumnos/as deberán obter 4 sobre 10 puntos (2 de 5 en realidade) para poder facer media e aprobar. 50
Presentación oral A1 A2 A10 A16 B8 B9 C2 Presentación elaborada por un, dous ou tres alumnos /as relacionada co programa da materia. 1.5 puntos. 15
 
Observacións avaliación
  • Nesta materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada escola crítica literaria, e, asemade, a capacidade do alumno para analizar razoadamente, empregando eses coñecementos teóricos básicos, dous textos literarios ingleses.
  • A nota final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 na evaluación contunua.
  •  Os alumnos/as que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán notas de evaluación continua. É necesario obter 2 puntos e terán que recuperalos na convocatoria de recuperación ou segunda oportunidade, ainda que teñan 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.
  • A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia.
  • Cando o alumno/a, por circunstancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón. 2 puntos sobre 10.
  • Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das actividades.
  • Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para buscar alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade.
  • A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 50% exame final + 50% actividades que sustituirán o traballo feito durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade.
  • Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes