Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  A Literatura Inglesa e a súa Crítica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 Proba deseñada para avaliar esta materia nun 50 por cento da nota (5 puntos). Os alumnos/as deberán 2 de 5 na proba para poder facer media co resto e poder aprobar. 50
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A7 A15 Comentarios de texto feitos na clase. Se recollerán tres, catro ou cinco durante o curso. 3.5 puntos.. 35
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A15 A1 A2 A3 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C6 C7 C8 Realizacion dun traballo individual que teña que ver con algún aspecto da materia usando os textos de lectura (Behn ou Conrad). Un plaxio confirmado supón a non cualificación desta proba. 1.5 punto.
Desde 6 a 8 paxinas a dobre espacio. Debe ser entregado antes de que termine o periodo de clases.
15
 
Observacións avaliación
  • Nestamateria valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cadaescola crítica literaria, e, tamén, a capacidade de analizar razoadamente,empregando eses coñecementos teóricos básicos, distintos textos literarios en lingua inglesa.
  • A notafinal ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberánobter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 naavaliación continua (análise e traballo) para facer media.
  • A evaluación é como sigue: traballo tutelado (1.5 puntos), análise de fontes (3.5) e a proba mixta ou exame (5).
  • Plaxiar nos traballos invalida o traballo. Temos aplicacións como "Turnitin" para facilitar a detección de citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranseas normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación dascualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). "Turnitin" recoñece traballos previamenterealizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidadeou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.
  • Os alumnos/asque non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non teránnotas de avaliación continua. É necesario obter 2 puntos e deberán recuperalosna convocatoria de recuperación ou de segunda oportunidade, aínda que teñan 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.
  • A únicalingua empregada en clase, traballos e exames será o inglés. As faltas deexpresión graves (non de estilo) en lingua inglesa mermarán a nota en calqueraactividade. Por tanto recoméndase que os alumnos/as se esmeren na redacción erevísena. Tampouco se permitirán plaxio de fontes escritas ou dixitais enexames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia encerta medida, aínda que é lóxico que os comentarios e interpretacións doprofesor subexistan tras a devandita competencia.
  • Os alumnos/asque asistan e participen durante ou curso na avaliación continua non poderánser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % dasactividades.
  • Aquelesalumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unhadispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia destauniversidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmoscriterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos a tempo parcialcon dispensa académica, deberán falar co profesor durante as dúas primeirassemanas para buscar alternativas á avaliación continua ou ben facer actividades complementarias o día do examen. O ensaio é obrigatorio neste caso tamén.
  • Os alumnosque se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo asnormas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • Aavaliación da oportunidade de xullo divídese da forma seguinte: 50% examefinal e 50% actividades que substituiráno traballo da avaliación continua (o ensaio non é sustituido). As partes aprobadas aínda contan.
  • DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa TitoraADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes