Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguaxe. Discurso e Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B3 C6 Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición. 10
Proba mixta A1 A3 B1 C6 Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. 40
Obradoiro A1 A2 A3 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C6 Reférese á realización das tarefas descritas na metodoloxía correspondente (Obradoiro). Inclúe o cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas en que se poñen en común estas tarefas, e da participación activa nelas. 30
Lecturas A1 A3 B1 Reférese ao seguimento das leituras obrigatorias, a meio de perguntas, exercicios ou tarefas que serán tamén comentadas nas aulas interactivas. Poderá incluir a elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. 20
 
Observacións avaliación

1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.

2) A participación activa compútase dentro do apartado do Obradoiro.

3) Haberá duas oportunidades de avaliación. Na primeira oportunidade, as actividades entregadas fora de prazo poderán non ser aceptadas (isto é, avaliábeis con 0), e entrarán, no seu caso, no cómputo da segunda oportunidade.

4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 4 na Proba final.

5) Para ter superada a materia (en primeira ou segunda oportunidade) deberá obterse unha nota de 5 globalmente (unha vez cumprido o requerimento do 4 na Proba). Caso de non obter o mínimo de 4 na Proba, mais a media aritmética superar o 5, nas Actas consignará-se 4,9, Suspenso. Isto non significa que a materia está "case aprobada", mais é só indicativo da necesidade de recuperar o exame e/ou as actividades que se indicaren.

6) Na segunda oportunidade, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades (apartado Obradoiro, e/ou actividades referidas a Lecturas). O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.

7) Dado o carácter mixto e compreensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; e, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades (Obradoiro e Lecturas). En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).

8) O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica oficial (DAO) deberá porse en contacto co profesor durante as dúas primeiras semanas do curso. A distribución porcentual dos apartados excluindo a asistencia será axustada da seguinte maneira: Obradoiro, 33,33%; Lecturas, 22,22%; Proba mixta, 44,44%.

9) Na convocatoria adiantada de decembro a Proba mixta terá un valor de 100%.

10) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/). Poderán receber orientación tamén da Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

11) As condutas irregulares e ilexítimas na realización das actividades, tarefas ou probas (suplantación da identidade, plaxio, copia, falsificación ou compra de traballos, utilización de respostas ou solucións doutros anos, utilización de recursos informáticos ou doutro tipo non autorizados, recepción de axuda externa, etc.), acarretan automaticamente a cualificación de Suspenso (0) nessa tarefa ou exame, e, dependendo da sua gravidade, poden acarretar Suspenso (0) na oportunidade correspondente. Lémbrase a este respecto que o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC recolle que a fraude académica é unha falta grave ou moi grave, e establece as sancións para estes casos, incluindo a expulsión temporaria da Universidade; véxanse, entre outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335).

12) O material distribuído polo profesorado nas aulas ou polo Campus Virtual ou outras plataformas é de uso exclusivo para a materia. Non se permite de maneira nengunha o seu uso ou distribución para outros propósitos, por medios virtuais, nin para persoas alleas ao curso. A vulneración destas restricións está recollida como falta no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

13) Non se permite a gravación por nengún medio das sesións de aulas, fora das realizadas polo profesorado para posíbeis fins de ensino virtual, e as realizadas para estudantes con adaptación. A gravación e utilización non autorizadas son recollidas como faltas graves no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

14) Procurarase que as aulas sexan sensíbeis á detección de prexuízos e atitudes clasistas, sexistas, racistas e etnocentristas. Procurarase que estas cuestións sexan debatidas criticamente para fomentar valores de respeito, igualdade e equidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes