Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa (Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A9 A10 A11 Duas probas (unha hacia metade do curso; outra na data asignada para o exame final) nas que o alumnado deberá amosar o seu dominio nos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios. Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables 40
Traballos tutelados A1 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 Traballos puntuables de diverso tipo. 50
Discusión dirixida A2 A3 A8 B4 B10 As profesoras valorarán o traballo do estudantado a diario e o seu compromiso. Teráse en conta a participación activa e a atención prestada. 10
 
Observacións avaliación

Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo (4-6 páxinas e 60% da nota) e o exame (40% da nota). 

Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional. 

A aplicación Turnitin será utilizada para verificar a orixinalidade dos traballos.  Turnitin  detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.

Os alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron máis do 50% das actividades avaliables durante o curso. 

Segundo as directrices da Vicerreitoría de Organización Académica e Titulacións, os alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso."

O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de permanencia desta Universidade, será avaliado en calquera oportunidade segundo os criterios especificados para a segunda oportunidade.

O estudantado que se presente á convocatoria adiantada de decembro availarase segundo as normas da oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes