Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa e os seus Usos 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A9 B4 Entrevista individual ou por parellas (ou en grupos de tres); preguntas de comprensión; demostración de destrezas comunicativas, interacción cos compañeros; expresión de opinóns, vantaxes, preferencias, etc. 25
Proba mixta A6 A9 A15 A18 A20 Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. 50
Traballos tutelados A3 A18 B1 B3 B6 Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. 25
 
Observacións avaliación

1. Entrega de traballos
tutelados (tarefas escritas): 30 de outubro, e 30 de novembro de 2015.  É necesario entregar ambos os dous traballos especificados
polos profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas.
Penalizaranse os traballos entregados tarde sen xustificación axeitada.

2.
Terás que asinar en cada sesión (grupo grande, interactiva e reducida).
A asistencia regular é un indicador do interese pola materia, á parte
de ser necesaria para poder progresar.

3. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2015-16 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable.

4. A segunda oportunidade, en xullo, segundo o calendario aprobado por Xunta de Facultade,
consistirá en repetir la(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). Se o
alumno suspende a parte dos traballos tutelados, debe presentar DOUS NOVOS traballos. As especificacións publicaranse enMoodle, con datas de entrega durante o segundo cuadrimestre, e antes do comezo do período de exames.  O exame oral da segunda oportunidade  realizaráse en XUÑO, é decir, antes da fecha do exame escrito.

5.
A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da
avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar la(s) parte(s) non
aprobada(s).

6. Non se pode superar a
materia sen aprobarcada unha das partes descritas da avaliación cunha
cualificación mínima de5 puntos

sobre 10.

7. As datas para a entrega
de tarefas e para a realización do exame oral deben respectarse;
calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarsedocumentalmente.

8. Obterá unha cualificación de "non presentado"
aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a
proba mixta e a proba oral) e que tampouco realizase os traballos
tutelados.

9. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a
tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como
establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a
segunda oportunidade de xullo.

10. Os alumnos/ás que suspendan na
primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de
xullo terán a nota de suspenso.

11.  Para máis detalles, véxanse --Recomendacións--.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes