Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia da Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A9 A15 A17 A18 A19 A20 A21 B7 C2 Todos os estudantes deberán facer un exame final na data oficial de Xaneiro. A nota mínima de este exame será de 4 (de 10) para tela en conta e sumar o resto das cualificacións. 40
Seminario A1 A2 A6 A10 A15 A18 B4 C2 C4 Os estudantes poderán ter que resolver algún problema ou facer un test na aula, na casa ou a través da plataforma Moodle. 30
Lecturas A11 A14 Os estudantes poderán ser avaliados por algunhas actividades relacionadas coas lecturas a desenvolver na aula ou na casa. 20
Aprendizaxe colaborativa A9 A11 A17 A21 B1 B2 B6 C6 Os estudantes terán que facer algún traballo en grupo. Algúns destes traballos serán tidos en conta para a avaliación. 10
 
Observacións avaliación

Os estudantes serán avaliados ao longo do curso cun máximo de 4 actividades asícomo co exame final.

Para aprobar,os estudantes deben ter unha cualificación de alomenos 4 (de 10) no examefinal. Tamén deben ter realizado e aprobado (cun 5) alomenos a metade dasactividades necesarias.

Aplicaraseunha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causaxustificada.

A falta de honradez académica penalizarase consonte ao establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualidicacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (art. 14).

Os traballos con evidencia de plaxio (serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin , que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.

Tamén se baixará a nota no caso de non ter un uso da lingua inglesa adecuado ao nivel de 4º de grao segundo a memoria de verificación do Título (C1).

Osalumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se nonentregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

AVALIACIÓNXULLO:

Osestudantes que non superen a materia en xaneiro terán outra oportunidade en xullo na que se terá en conta o exame final (50%) así como unha actividade (50%). Osestudantes que teñan superado as actividades de avaliación continua previamente non terán que facela.

Aquelesalumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial e teñan concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de Permanencia desta Universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar cola profesora ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes