Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Estudos de Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A9 A11 A14 A15 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C6 Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 30
Obradoiro A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 C2 Ao longo do curso recolleranse e avaliaranse exercicios, pequenas tarefas ou actividades relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos grupos de DI ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderán facerse en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. 20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A9 A10 A11 A15 A18 B6 C2 Realizaranse dúas probas parciais ao longo do curso OU unha proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio presentarse á proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 50
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE

Para superar a materia, a suma da proba final, o traballo tutelado, a presentación oral e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima de cada unha destas partes: actividades do obradoiro/ traballo tutelado/ proba mixta final deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo (14) das “Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario"artigo (14). Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días).

As actividades extraordinarias ("extra-credit") que o alumnado realice aolongo do cuatrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúetraballos voluntarios, lecturas alternativas, participación voluntaria en foros ou calquera outra actividade voluntaria proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada poloprofesorado.

Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

As datas do traballo tutelado e as probas mixtas parciais ou finais serán anunciadas con moita anticipación.

AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques especificados arriba (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: entrega dun traballo tutelado escrito (30%), realización de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do curso (20%) e proba mixta sobre os contidos do curso (50%).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e queteña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa destauniversidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo osmesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneiraprevia a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes