Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 A11 B7 B8 B9 C7 O profesor avaliará semanalmente o traballo do alumnado. Prestaráse especial atención á exposición oral en clase. Tamén pode haber probas de lectura e comprensión dentro do horario lectivo. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A10 A11 Exame final teórico. 60
Discusión dirixida A10 A16 A17 B4 Debates e participación dos alumnos na aula. A non participación dun xeito continuado ou a resposta incorrecta tamén dun xeito continuado ás posibles cuestións, serán interpretadas como negativas nun 20 por cento da nota. Deste xeito, un alumno que non acade ningún punto nesta parte non poderá superar a nota de 8. 10
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS MOI IMPORTANTES Norma previa. Con carácter xeral, é necesario alcanzar un 4 en calquera das probas para que sexa tida en conta e sume co resto. Salvo a participación en clase, a proba que non alcance a nota especificada en xuño se recuperará en xullo, polo que a nota media da asignatura que apareza en xuño non poderá superar en ningún caso os 4,9 puntos, ata que esa parte da materia sexa recuperada. O resto das cualificacións obtidas serán conservadas ata xullo. Os/as alumnos/as que non acudan á proba obxectiva, coñecida aquí como "examen final teórico" en calquera das dúas oportunidades, e/ou aqueles/as alumnos/as cuxo traballo de curso (traballos e participación) represente unha porcentaxe inferior ao 50%, recibirán a cualificación de Non Presentado (NP). Os/as alumnos/as que si teñan realizado a proba mixta e non a superasen, recibirán a nota numérica correspondente, e a cualificación de Suspenso.

A oportunidade de xullo, ou segunda oportunidade, tamén consistirá nunha proba escrita, mixta, como a anterior, con contidos teóricos e prácticos da asignatura. Esta proba computará un máximo do 60 por cento da cualificación final. O outro 40% da oportunidade de xullo se obterá a través dos traballos puntuais que se especificarán no seu momento e que o examinado deberá entregar (un traballo de 5-7 páxinas) a máis tardar 72 horas antes do día do exame. O profesorado reserva o dereito de comprobar o nivel, veracidade e orixinalidade do traballo cunha breve proba oral que, pola norma xeral, realizará o mesmo día do exame.

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo. O alumnado matriculado a tempo parcial, que obtivese unha 'Dispensa académica', deberá contactar co profesorado da materia sempre ao empezar o curso, en ningún caso mediado o ano, e, baixo ningún concepto ao final do mesmo.

Non se variarán as condicións de avaliación a aquel alumnado que, con carácter xeral, non certificase previamente a imposibilidade de asistir regularmente ás clases ou que, no seu caso, optase por solicitar dispénsa académica. O profesorado planificará en todos eses casos a adaptación curricular para ese alumnado, con referencia tanto ás probas obxectivas como aos traballos que han de entregar ou actividades avaliativas que deban levar a cabo. Igualmente estableceranse normas para substituír as porcentaxes daquelas actividades que se deriven da asistencia regular a clase, e que, nestes casos, non se poderían realizar.

O alumnado que siga a materia sen dispensa académica ou sen xustificacións documentais concretas que aconsellen a súa menor asistencia ás clases deberán cumprir, polo menos, un 90% das sesións presenciais da materia. O profesor poderá arbitrar a non posibilidade de examinar na primeira oportunidade a un/unha alumno/a sen dispensa que non alcanzase o 90 por cento de asistencia a clase.

Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso e/ou en clase, nos que se comprobe e demostre por parte do profesor a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcialmente, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, sen posibilidade de que dita cualificación sexa modificada pola realización dunha proba idéntica en substitución da proba obxecto do plaxio.

Calquera caso deplaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

A avaliación dos traballos escritos de calquera tipo entenderase de acordo ao seguinte baremo.

Un ensaio correctamente escrito, pero sen profundidade de análise, contextualización e que demostre un adecuado e maduro coñecemento literario non poderá ser considerado aprobado.

a) Profundidade da análise, madurez e coherencia... 4 puntos

b) Compresión literaria e contextualización......... 3 puntos

c) Estilo, orixinalidade e creatividade............. 2 puntos

d) Corrección gramatical.............................1 punto

A lectura das obras non é computable na nota, senón que resulta conditio sine qua non para ser avaliado/a. As probas orais desta materia redúcense á participación en clase e aos debates, no seu caso, que supoñen como máximo un 20 por cento da nota final. Non se realizará ningunha proba oral nin presentación oral nesta materia nin durante as clases nin ao final, nin individual nin colectiva. As probas fundamentais serán sempre escritas.

O estudantado a tempo parcial e completo será examinado segundo os criterios da convocatoria de xullo.

"Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.

Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones avaliación."

Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes