Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Variedades do Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 Haberá dúas presentacións orais: unha presentación INDIVIDUAL durante a CLASE PRÁCTICA (10%) e un VÍDEO-PROXECTO en GRUPO (15%). A presentación individual segue o formato estándar e consiste en facer unha análise práctica da variedade inglesa que queirades--por exemplo, sobre as características fonéticas e/ou gramaticais dunha canción en inglés non estándar; o formato do vídeo-proxecto en grupo (3-9 estudantes) é máis libre, sempre e cando os estudantes imiten RESPECTUOSAMENTE un acento inglés non estándar durante a presentación. O resto dos detalles serán explicados en clase. 25
Obradoiro A6 A9 A11 A15 Os talleres ou clases prácticas terán lugar no aulanet. Teredes que ler, escoitar e analizar textos en diferentes variedades do inglés. Moitos destes textos serán audiovisuales. Crearei un FORO en MOODLE e os/as estudantes terán que aportar as súas análises e comentarios aí; as vosas notas nesta sección dependerán da información que poñades no foro durante mentres estades en clase. 20
Lecturas A1 A2 A10 A17 A19 A20 B8 C6 C7 Nos grupos grandes, á parte de explicar a TEORÍA, fareivos preguntas sobre a/s LECTURA/S da semana; ao comezo do cuadrimestre, deixarei unha COLECCIÓN de lecturas en reprografía. Aínda que as lecturas son maiormente sobre lingua e literatura, provereivos de información sobre historia, cultura, xeografía e outros detalles correspondentes aos lugares en que se fala cada variedade do inglés.
IMPORTANTE: só terase en conta a participación daqueles e aquelas estudantes que demostren REALMENTE ter feito unha lectura concienciuda dos textos.

30
Traballos tutelados A14 B1 B2 B3 B6 B7 B9 C5 Teredes que escribir dous ensaios individuais: o primeiro tratará dunha ÚNICA VARIEDADE do inglés (10%); o segundo será unha comparación de dous (ou máis) VARIEDADES (15%). Non se pode escribir sobre a mesma variedade do inglés en dúas ocasións; isto significa que os vosos traballos tratarán sobre tres (ou máis) variedades en total. Os traballos estarán escritos en estilo MLA--unha variedade de escritura que se explicará en clase, xunto co resto dos requisitos. 25
 
Observacións avaliación

-Para aprobar o curso, os e
as estudantes terán que sacar (polo menos) un 4 en todas as partes avaliables e
(polo menos) un 5 na nota final.

-O meu método docente
baséase na AVALIACIÓN CONTINUA, que ten en conta: a participación nas clases
teóricas para demostrar a vosa comprensión das lecturas, os exercicios
audiovisuais das clases prácticas, dous ensaios e dúas presentacións orais. Se
aprobades todas estas tarefas e a vosa cualificación final é 5 ou máis, teredes
aprobado o curso--dareivos esta información cara a finais de decembro.

-XANEIRO: Os e as estudantes
que non aproben as partes de LECTURA e CLASES PRÁCTICAS poderán
recuperalas en xaneiro. Polo tanto, no día oficial de exame, terán que
completar dúas tarefas: 1) ENTREVISTA coa coordinadora en torno ás lecturas do
curso; 2) EXERCICIOS AUDIOVISUAIS baseados nos materiais das clases prácticas.

-XULLO: Os e as estudantes
que non aproben os apartados de ENSAIOS e PRESENTACIÓN ORAL terán que (re)hacerlos na data oficial
da oportunidade de xullo. Dado que non haberá clases, AMBAS as dúas
presentacións terán QUE SER GRAVADAS; por esta mesma razón, poderedes facer o
proxecto de grupo de forma INDIVIDUAL.

-En caso
de folga de profesores/as, se fose necesario, a profesora proverá aos/ás
estudantes con material didáctico a través de Moodle.
En caso de folga de estudantes, a profesora podería pedir aos estudantes que
realicen unha tarefa equivalente ao traballo de clase.

-Os/as
estudantes deben entregar as tarefas nas datas convidas. Só aceptaranse traballos entregados con atraso se son acompañados dun xustificante oficial (por exemplo, debido a un problema médico).

-Un
ensaio que mostre signos de plaxio será cualificado cun 0.

-Tanto en xaneiro coma en xullo, os/as
estudantes que non cumpran co 50% dos requisitos serán cualificados/as como Non presentados/as.

-Aqueles/as alumnos/as que oficialmente fosen
matriculados/as a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e
como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados/as
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda
oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes