Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Variedades do Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 Haberá dúas presentacións orais:

I. Unha presentación INDIVIDUAL durante a CLASE PRÁCTICA (5%): A presentación individual segue o formato estándar e consiste en facer unha análise práctica da variedade inglesa que queirades--por exemplo, sobre as características fonéticas e/ou gramaticais dunha canción en inglés non estándar

II. Un VÍDEO-PROXECTO en GRUPO (10%): O formato do vídeo-proxecto en grupo (3-9 estudantes) é máis libre, sempre e cando os estudantes imiten RESPECTUOSAMENTE un acento inglés non estándar durante a presentación. Ao contrario do resto de actividades, facer ou non este project é opcional para aprobar o curso.

IMPORTANTE: Non se pode repetir variedad na presentación, o project e o traballo escrito—é dicir que, en total, traballaredes polo menos sobre 4 variedades diferentes. O resto dos detalles serán explicados en clase.
15
Obradoiro A6 A9 A11 A15 Os talleres ou clases prácticas terán lugar no aulanet. Teredes que ler, escoitar e analizar textos en diferentes variedades do inglés, moitos deles audiovisuales. As/as estudantes terán que aportar as súas análises e comentarios unhas veces en PAPEL e outras no FORO de MOODLE; as vosas notas nesta sección dependerán do traballo que fagades presencialmente na aula.

Os/as alumnos/as que non aproben a avaliación continua das prácticas poderán facer un exame práctico en xaneiro.
25
Lecturas A1 A2 A10 A17 A19 A20 B8 C6 C7 Nos grupos grandes, á parte de explicar a TEORÍA, fareivos preguntas sobre a/s LECTURA/S da semana; ao comezo do cuadrimestre, deixarei unha COLECCIÓN de lecturas en Moodle. Aínda que as lecturas son maiormente sobre lingua e literatura, provereivos de información sobre historia, cultura, xeografía e outros detalles correspondentes aos lugares en que se fala cada variedade do inglés.
IMPORTANTE: só terase en conta a participación daqueles e aquelas estudantes que demostren REALMENTE ter feito unha lectura concienciuda dos textos.

Os/as estudiantes que non aproben a avaliación continua das lecturas poderán facer un exame sobre as mesmas na convocatoria de xaneiro.

40
Traballos tutelados A14 B1 B2 B3 B6 B7 B9 C5 Haberá dous traballos tutelados:

I. ENSAIO COMPARATIVO (12%): Teredes que escribir un ensaio comparativo sobre dous ou máis variedades do inglés non estándar. As variedades que elixades non poden coincidir nin coa da exposición oral individual nin coa do project (vid. abaixo). Os traballos estarán escritos en estilo MLA--unha variedade de escritura académica que se explicará en clase, xunto co resto dos requisitos.

Corrixirei os vosos traballos e mandaréivolos por e-mail. A continuación, teredes que reescribilos seguindo as miñas indicacións e volver enviarmos. A nota obtida só será efectiva tras dita reescritura.

II. RECENSIÓN CRÍTICA (8%): Colgarei un artigo en Moodle de teoría xeral sobre variedades do inglés (ex. ecoloxía lingüística). Cara mediados/finais de decembro, teredes que escribir unha recensión de dúas partes: un RESUMO do artigo e un COMENTARIO CRÍTICO que relacione os contenidos do mesmo cos tratados en clase. O resto das directrices serán explicadas durante o curso.
20
 
Observacións avaliación

-Para aprobar o curso, os e as estudantes terán que sacar (polo menos) un 5
en todas as partes avaliables (lecturas, obradoiro, ensaio, recensión e presentación oral individual) e (polo menos) un 5 na nota final. Como di arriba, facer o vídeo-proxecto en grupo non é obligatorio para aprobar a asignatura--ainda que, de facelo, valerá 1 punto.

-O meu método docente baséase na AVALIACIÓN CONTINUA, que ten en conta: a
participación nas clases teóricas para demostrar a vosa comprensión das
lecturas, os exercicios audiovisuais das clases prácticas, un ensaio, unha recensión e dúas
presentacións orais. Se aprobades estas tarefas e a vosa cualificación
final é 5 ou máis, teredes aprobado o curso--dareivos esta información cara a
finais de decembro.

-XANEIRO: Os e as estudantes que non aproben as partes de
LECTURA e CLASES PRÁCTICAS poderán recuperalas en xaneiro. Polo
tanto, no día oficial de exame, terán que completar dúas tarefas: 1) EXAME coa
coordinadora en torno ás lecturas do curso; 2) EXERCICIOS AUDIOVISUAIS baseados
nos materiais das clases prácticas.

-XULLO: Os e as estudantes que non aproben os apartados de TRABALLOS TUTELADOS e PRESENTACIÓN ORAL terán que (re)hacerlos para a data oficial da oportunidade
de xullo. Dado que non haberá clases, as presentacións terán QUE SER
GRAVADAS e enviadas á coordinadora. O resto das partes serán examinadas
como en xaneiro.

-En caso
de folga de profesores/as, se fose necesario, a profesora proverá aos/ás
estudantes con material didáctico a través de Moodle.
En caso de folga de estudantes, a profesora podería pedir aos estudantes que
realicen unha tarefa equivalente ao traballo de clase.

-Os/as
estudantes deben entregar as tarefas nas datas convidas. Só aceptaranse traballos entregados con atraso se son acompañados dun xustificante oficial (por exemplo, debido a un problema médico).

-Un
ensaio que mostre signos de plaxio será cualificado cun 0.

-Tanto en xaneiro coma en xullo, os/as
estudantes que non cumpran co 50% dos requisitos serán cualificados/as como Non presentados/as.

-O estudantado ao
que se concedeu a dispénsa académica, segundo especifícase na normativa
universitaria, será avaliado en calquera das dúas oportunidades de acordo cos
criterios aplicados na segunda oportunidade.

-Os/as estudantes
que acudan á convocatoria extraordinaria de decembro serán avaliados/as de acordo
cos criterios especificados para a oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes