Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Variedades do Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 -Presentación individual en clase: 10%. As presentacións deben facer unha análise práctica (das características fonéticas, gramaticais e/ou léxicas) dunha canción, unha película, un relato, etc. nunha variedade de inglés (non estándar) que NON se trata en clase.

-Vídeo-presentación grupal (OPCIONAL): 10%. Tedes que gravar un vídeo entre 3 e 9 estudantes, onde cada persoa imite respetuosamente un acento inglés (non estándar). Podedes elixir calquera variedade excepto a da vosa presentación individual.

O resto das pautas proporcionaranse ao seu debido tempo.
20
Obradoiro A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 Nos obradoiros as/os estudiantes terán que aportar as súas análises e comentarios sobre o material tratado ese día (ou outros) no foro de Moodle (20%). Cara a final de curso, haberá un test práctico en papel (10%). 30
Proba mixta A1 A2 A6 A11 A20 B6 B7 B8 C4 O exame final constará de preguntas e/ou exercicios sobre as lecturas obrigatorias. Haberá un exame parcial sobre a primeira metade das devanditas lecturas. O estudantado que o aprobe só terá que estudar a segunda metade para o exame final; quen suspenda o parcial serán examinadas/os de todo o programa en xuño e/ou xullo. 50
Discusión dirixida A6 A9 A11 A17 A19 A20 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 O alumnado dispoñerá dun calendario de lecturas e terá que ler os textos con anterioridade á clase para poder seguir a explicación da profesora, participar nos debates, contestar a preguntas, etc. A participación oral contará como PUNTUACIÓN EXTRA (vid. observacións). 0
 
Observacións avaliación

-Todas as actividades, incluídos os exames, teñen que estar escritas con letra clara; os erros de gramática, vocabulario, deletreo, puntuación e estilo en xeral repercutirán negativamente nas notas.

-Para aprobar amateria, hai que sacar polo menos un 5 sobre 10 nos dous apartados do OBRADOIRO, na PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL, a PROBA MIXTA e a nota final.

-A participación oral do alumnado contará como puntuación extra, que se engadirá á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5.

-No exame oficialde XULLO haberá preguntas sobre as lecturas obrigatorias e un test práctico. A data do exame, teredes que poñer os exercicios no foro e colgar a presentación oral individual. O vídeo-proxecto en grupo taménserá opcional. Cabe sinalar que cada estudante deberá realizar a(s) sección(s)que non superase na primeira oportunidade.

-O alumnado quese presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normasespecificadas para a oportunidade de xullo.

-O estudiantadomatriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberáporse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarasesegundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo.

-Para NON obter acualificación de "Non presentado", a/o estudante debe facer polomenos a metade do traballo puntuable.

-Todos ostraballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unhapenalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesoradopode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballodo estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de"cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes