Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa e Xénero
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A6 C7 C2 2 PROJECTs ou traballos tutelados individuais sobre temas de xénero na literatura en lingua inglesa (vid. temarios).
O traballo de prácticas é obrigatorio e terá un valor de 1.5 puntos (6-8 páx., 15 %).
O traballo correspondente as sesións maxistrais terá un valor dun punto (5-7 páx., 10%).
25
Presentación oral A1 A2 A6 A15 Exposición oral dun PROJECT en powerpoint realizada nas clases prácticas (TGR). 1.5 15
Discusión dirixida A2 A6 B8 C2 Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións docentes, se animará ao alumnado a participaren por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións de DOCENCIA EXPOSITIVA ou DE, nas clases de grupo grande, ou ben a análise de fontes documentais nas PRÁCTICAS ou TGR.
5
Análise de fontes documentais A2 A15 A1 A2 A3 B5 B7 B9 B2 B3 B4 B6 B8 B10 C2 C5 Nas PRÁCTICAS/TGR, este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise dos textos que se están a estudar en cada tema. A análise de fontes documentais será a metodoloxía máis utilizada nas aulas dos grupos pequenos (TGR), xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados na clase, serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. PRÁCTICAS: 1.5 puntos sobre 10 (15% do total).
Tamén se levarán a cabo análises textuais nas clases de DOCENCIA EXPOSITIVA e nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xaneiro e xullo, vid. PROBA MIXTA). Os comentarios de texto feitos durante as sesións expositivas serán ocasionais. Os recollidos terán un valor de 1 punto (10%).
25
Proba mixta A1 A2 A6 A15 B5 B7 C2 C5 Proba sumativa teórico-práctica.
Ensaio e comentario de texto.
30
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN TEORÍA ((50% da materia;Dr. Gómez) - Comentarios de texto 1 punto; Ensaio de 5-7 pax. 1 punto; exame: 3 puntos.


AVALIACIÓN PRÁCTICAS (50% da materia; Dra. Núñez Puente): Proxecto 30% (15% Ensaio dirixido + 14% traballo de exposición oral + 1% participación en debate);  20% análise e comentarios de texto feitos na clase).

Para facer media é necesario un mínimo de 2 puntos por parte/profesor. Na devandita media se debe acadar alomenos 5 puntos para superar a materia.
Os traballos escritos deberán ser entregados no prazo estipulado polo profesorado, e sempre antes do remate da docencia da materia.
Na oportunidade de xullo o alumnado terá que levar a cabo exercizos escritos ou orais (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo (50% da nota), ademáis do exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que realizar ningun traballo ou exercizo adicional.
Os alunos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. Segundo as directrices do Vicerreitorado de Organización Académica e Titulacións, os alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso".
O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e con dispensa académica concedida terá que levar a cabo exercizos escritos ou orais (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Ditos/as estudantes deberán comunicar a súa situación aos docentes ao inicio do curso. Avaliaranse en calquiera das oportunidades segundo as normas da oportunidade de xullo.
Os alumnos que se presentan á convocatoria
adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a
oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes