Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa e Xénero
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A6 C2 C7 Un traballo tutelado individual sobre temas de xénero na literatura en lingua inglesa (obras do corpus; vid. lista en fontes). 5-7 páx. Será necesario para os/as que non poidan facer presentación. Nese caso valerá dous puntos. 10
Presentación oral A2 A15 Exposición oral dun PROJECT en powerpoint . En realidade, a presentación valerá dous puntos (inclúe o traballo tutelado implícito) 10
Discusión dirixida A2 B8 Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións docentes, se animará ao alumnado a participaren por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións de DOCENCIA EXPOSITIVA ou nas interactivas.
5
Análise de fontes documentais A2 A15 A1 A2 A3 B5 B7 B9 B2 B3 B4 B6 B8 B10 C5 C2 Nas PRÁCTICAS/interactivas, este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise dos textos que se están a estudar en cada tema. A análise de fontes documentais será a metodoloxía máis utilizada nas aulas interactivas, xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados na clase, serán recollidos e computarán a efectos de avaliación. PRÁCTICAS: 2.5 puntos sobre 10 (25% do total).
Tamén se levarán a cabo análises textuais nas clases de DOCENCIA EXPOSITIVA e nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xaneiro e xullo, vid. PROBA MIXTA). Os comentarios de texto feitos durante as sesións expositivas serán ocasionais.
25
Proba mixta A2 A15 B5 B7 C5 Proba sumativa teórico-práctica.
Ensaio e comentario de texto.
50
 
Observacións avaliación

Para facer media é necesario un mínimo de 2 puntos no exame e 2 no resto. Na devandita media débese acadar alomenos 5 puntos para superar a materia.


Os traballos escritos, de non haber presentación , deberán ser entregados no prazo estipulado polo profesorado, e sempre antes do remate da docencia da materia. Plaxio prohibido: poderase usar turnitin. O ensaio antes do 15 de dicembro/15 de Xuño (2ª oportunidade).


Na oportunidade de xullo o alumnado que non fixo nada terá que levar a cabo exercicios escritos (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo e presentar o traballo tutelado (50% da nota en total), ademais do exame (50% da nota). Aqueles/as alunos/as que ao longo do curso presentasen traballos satisfactoriamente non teñen que realizar ningún traballo ou exercicio adicional.
Os/as alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron máis do 30% das actividades avaliables durante o curso. Segundo as directrices do Vicerreitorado de Organización Académica e Titulacións, os/as alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso".


O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e con dispensa académica concedida terá que levar a cabo exercicios escritos ou orais (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Ditos/as estudantes deberán comunicar a súa situación ao profesorado ao inicio do curso. Avaliaranse en calquera das oportunidades segundo as normas da oportunidade de xullo. O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras,

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre otras
medidas).


-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade.

 -Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas.

 

Calquera caso de
plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como
aparece recollido no "Regulamento
disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes