Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Usos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
No inicio do curso haberá ACTIVIDADES INICIAIS a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións de que parte o alumnado.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo/a profesor/a.
Traballos tutelados Trátase dunha tarefa en que o alumno ou alumna ten de mostrar a súa capacidade de aprofundar nun tema de maneira autónoma.
Proba mixta Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes