Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Usos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 Realización de actividades prácticas presenciais e lecturas derivadas das sesións maxistrais. Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo. 25
Solución de problemas A1 A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C6 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 30% sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 50
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro):

1.1.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre
10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar
parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo),
segundo as normas que se detallan na epígrafe 2.

1.2. O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias
mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación.

1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida
deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co
profesor a través do correo electrónico.

2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo):

2.1.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior,
excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial-
integrarase en "Solución de problemas" (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da
cualificación).

2.2. As metodoloxías que non foren
aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas
nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar
a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha
das metodoloxías.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):

3.1.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de
actividades for inferior ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes