Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Irlandesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A6 B3 C2 Pedirase aos estudantes que realicen unha proba final (dividida en dúas partes) con preguntas obxectivas, teóricas e prácticas, sobre o conxunto da materia, na que os estudantes deben demostrar o seu dominio dos contidos e habilidades relacionadas coas clases expositivas ou interactivas. IMPORTANTE: Unha nota mínima de 4/10 é obrigatoria a partir de cada unha das probas para que a nota poida ser engadida á cualificación global xunto coas demais actividades. 50
Obradoiro A1 A6 A9 A10 A11 A17 B1 B4 B5 B8 C2 Traballo desenvolvido nos seminarios ao longo do curso coa participación directa dos alumnos ou test de lecturas realizados na aula. Neste apartado avalíase a participación, a calidade da expresión oral e máis escrita en inglés, actividades e/ou exercicios desenvolvidos na aula ou a distancia, e o aproveitamento da asistencia, no seu caso. 20
Proba práctica A6 A16 B1 B2 B3 B8 B10 C2 C3 Exames ou probas orais ou escritas sobre as lecturas do curso. O profesor poderá decidir a realización de presentacións orais para algúns (ou todos) dos estudantes individuais, como un complemento, non para substituír os exames ou probas.Se o profesor o decide, os ensaios prácticos sobre unha obra (novela contemporánea, etc) concreta estarán sometidos a unha breve presentación oral, entre 15 e 20 minutos, de xeito individual. 30
 
Observacións avaliación

Na avaliación de xullo os estudantes presentarán un ensaio ou outras actividades, como a presentación oral baseada nas lecturas, e exercicios solicitados sobre os profesores sobre os estudos teóricos e/ou os textos (50%), segundo a decisión do profesor, e pasarán un exame (50%). Na avaliación de xuño e xullo os estudantes que non asistan ao exame durante o curso terán a cualificación de "non Presentado". Requírese unha nota de 4 como mínimo en cada unha das partes do examen para proceder á suma final.

IMPORTANTE: os estudantes a tempo parcial ou cun permiso especial deben contactar obrigatoriamente co profesor ao comezo do curso co fin de planificar cada situación individual e os cambios necesarios para compensar as porcentaxes resultantes do traballo do seminario e a participación, a lectura e os traballos supervisados.Os ensaios, traballos ou actividades, no seu caso, incluíndo os que se realicen durante o curso en clase e fóra dela, nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, como sinala a normativa respecto diso.
Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
É sempre aconsellable utilizar materiais sostibles e papel procedente do reciclaxe.
O estudantado a tempo parcial e completo será examinado segundo os criterios da convocatoria de xullo.

Os alumnos que non se presenten ao exame escrito, en xullo ou xuño, recibirán a cualificación de NON PRESENTADO.

Máis sobre os plaxios

Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.

Calquera caso
de plaxio ou fraude académico significará un suspenso
(0) na materia
, tal e como
aparece recollido no "Regulamento disciplinar
do estudantado da UDC": "Cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario".

Diversidade:

A materia poderá ser adaptada  ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneir previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes