Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Norteamericana nos seus Textos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A9 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 Neste tipo de actividade, o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. 30
Proba mixta A6 A7 A9 A15 A18 B5 B7 Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver. 40
Traballos tutelados A6 A8 A10 A15 B6 B10 C4 Este traballo colaborativo levarase a cabo en grupos reducidos (3-4 estudantes por equipo). Cada grupo escollerá un libro da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre. Durante o mes de abril os/as estudantes elaborarán o “Project Topic” baixo a supervisión da profesora, prepararán unha exposición o presentation (abril/maio) e organizarán o debate posterior no que participará o resto do alumnado. Posteriormente, cada grupo elaborará un resumo do debate máis as conclusións máis salientables do mesmo. O obxectivo deste traballo é que o alumnado afonde nun texto e tema determinados e máis exprese a súa opinión, como resultado dunha reflexión crítica. Dado que se trata dunha actividade colaborativa e grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas amosadas na elaboración e na exposición oral do traballo. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e máis outras actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos 3 apartados da avaliación. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre á petición do profesorado), poderá supoñer ata un 5% extra na nota final.

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP.

AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: un exame final (40%) semellante ao da primeira oportunidade (proba mixta); exercicios de análise de fontes documentais (30%) en substitución dos realizados ao longo do curso; unha proba oral (30%), en substitución do traballo grupal.

CONVOCATORIA ADIANTADA: Os/As estudiantes que se presentan á convocatoria adiantada de novembro/decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/es estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo).

PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN.

Consecuencias da falta (normativa UDC): cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria vaise incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. De detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, se proporán accións e medidas para corrixilas.

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes