Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Francés
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Discusión dirixida Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral).
Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Lecturas Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final, así como outras indicacións importantes.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado (expresión, comprensión e interacción oral), ben mediante unha conversa ou entrevista coa profesora, individualmente ou en parellas con outras-os estudantes (poderanse utilizar textos ou material audiovisual para suxerir distintas situacións comunicativas), ben mediante a exposición dun traballo tutelado.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes