Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Francés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Presentación oral dun traballo tutelado que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
40
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
20
 
Observacións avaliación

LEA ATENTAMENTE A INFORMACIÓN QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas
oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do segundo
cuadrimestre e a segunda no mes de xullo. As datas oficiais deben ser
contrastadas polo alumnado nos taboleiros oficiais ou na páxina web do centro
inmediatamente antes de cada período de exames.

2. A materia está dividida en 2
partes: teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión
escrita] (50% da nota final) e práctica [léxico, expresión, comprensión e
interacción oral] (50% da nota final). É necesario obter unha nota mínima
global de 5 sobre 10 en cada parte para superar a totalidade da materia. No
caso de aprobar só unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase
a nota para a segunda oportunidade de xullo.

2.1. En cada parte da materia é
obrigatorio realizar e obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nunha proba final
escrita ao remate do 2º cuadrimestre (na data, hora e lugar recollidos no
calendario oficial de exames da facultade).

2.2. Na parte práctica será
ademáis obrigatorio realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha
proba oral final, consistente na presentación oral dun traballo tutelado, que
se realizará ao remate do 2º cuadrimestre. O profesorado comunicará
públicamente a data, hora e lugar de realización deste exame oral.

2.3. En cada parte da materia é
obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas
as destrezas obxecto da materia. Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial de
clase o alumnado deberá realizar un exercicio non presencial. Agás causa
xustificada e sempre con autorización expresa do profesorado, non se admitirán
as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para
que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é
preciso ter realizado e aprobado, antes da realización do exame da primeira
oportunidade, o 85% das actividades programadas e obter unha nota media de 5
sobre 10.

3. Tendo en conta o anteriormente
exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto
porcentual:

3.1. Parte teórico-práctica (50%
da cualificación final):

a) Un 50% da nota valorará o
exame escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1).

b) Un 45% valorará as actividades
(deben cumprir os requisitos do apartado 2.3).

c) Un 5% corresponderá á
asistencia ás aulas e ás actividades presenciais.

Esta parte considérase aprobada
se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos
apartados a, b desta parte da materia son recuperables, coas mesmas
porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).

3.2. Parte práctica (50% da
cualificación final):

a) Un 30% valorará o exame
escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1).

b) Un 30% valorará o exame oral
(debe cumprir os requisitos do apartado 2.2).

c) Un 35% valorará as actividades
(deben cumprir os requisitos do apartado 2.3).

d) Un 5% corresponderá á
asistencia ás aulas e ás actividades presenciais.

Esta parte considérase aprobada
se a suma dos apartados a, b, c, d é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos
apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda
oportunidade de xullo (ver apartado 4).

4. O alumno-a alumna que na
primeira oportunidade non supere globalmente a materia segundo os criterios
anteriormente expostos poderá recuperala totalmente ou parcialmente na
oportunidade de xullo (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial
de exames da facultade) segundo as porcentaxes e criterios expresados máis
arriba.

4.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por
non acadar a puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberá
facelo(s) de novo na segunda oportunidade.

A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización
do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente
antelación.

4.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por
non acadar a puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para a segunda
oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter
acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da
materia fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.).

4.3. De suspender a materia na
primeira oportunidade e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de
asistencia en cada parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%)
engadirase a unha das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación:
a) exame escrito; b) actividades; c) exame oral.

5. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado das súas
competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita
teórico-práctica (nota mínima de 5 sobre 10; 60% da nota final) e unha proba
oral (nota mínima de 5 sobre 10; 40% da nota final).

6. En cada oportunidade de
avaliación o alumno-a alumna recibirá a cualificación NP de se dar
simultaneamente estas dúas situacións: se non se presentar a ningunha das
probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o número de actividades
presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da
materia.

7. O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades programadas
segundo o disposto no apartado 2.3 (as actividades presenciais serán
substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario,
aplicaráselle o establecido no apartado 4.2. En calquera caso, a porcentaxe
asignada en cada parte da materia á asistencia (5%) reasignarase como se indica
no apartado 4.3.

O alumnado que teña oficialmente
recoñecida a dispensa académica de exención de asistencia deberá acreditalo
documentalmente á profesora coordinadora da materia antes do mes de marzo do
presente curso.

8. Os traballos académicos
(entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de
avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións
expresas do profesorado, de elaboración individual, e poderán ser incorporados
á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do
mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas
circunstancias activaranse as medidas recollidas nas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.

9. Nos casos non contemplados
anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes