Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Francés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 O alumnado deberá realizar unha proba oral ao final do cuadrimestre para amosar as súas competencias comunicativas en lingua francesa.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións máis detalladas.
15
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Proba escrita que todo o alumnado deberá realizar nas datas oficiais fixadas pola facultade para a primeira e a segunda oportunidade de avaliación da materia.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións e ponderacións máis detalladas.
45
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (expresión, comprensión e interacción oral) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións e ponderacións máis detalladas.
15
 
Observacións avaliación

O alumnado ten dúas oportunidades para superar a
materia: a primeira ó remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes de
xullo.

 

1. Avaliación da
primeira oportunidade:

1.1. Para superar a materia na primeira
oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico,
a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.

A data, horario e ubicación da proba escrita
deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e
aprobar (5) unha proba oral final na
que se avaliarán a expresión e a interacción oral.

A profesora comunicará en Moodle coa suficiente
antelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas á
realización da proba oral.

1.3. É obrigatorio realizar ao longo do
cuadrimestre un conxunto de exercicios
ou tarefas
de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados
en dous bloques:

Bloque A ["Solución de problemas"]:
actividades de práctica dos contidos
gramaticais
, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.

Bloque B ["Discusión dirixida"]:
actividades de práctica da produción,
comprensión e interacción oral
.

Ademáis das actividades presenciais que se
realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnado
deberá realizar unha tarefa non presencial.

Agás causa debidamente xustificada e sempre coa
autorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividades
entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.

Para que estas
actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter
realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade,
o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima
de 5 sobre 10 en cada bloque.

1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto,
a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

a. Un 45%
valorará o exame escrito, coas
seguintes porcentaxes:

Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita,
comprensión lectora: 35%

Comprensión auditiva: 10%

b. Un 15%
valorará a proba oral.

c. Un 40%
valorará as actividades de
avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os
requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:

Bloque A: actividades de gramática, léxico,
expresión escrita e comprensión lectora: 25%

Bloque B: actividades de produción, comprensión e
interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o
léxico): 15%

A materia considérase aprobada se a suma dos
apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son
recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación.
Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda.

Para as implicacións da realización fraudulenta
ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

2. Avaliación
da segunda oportunidade:

2.1. De suspender a materia na primeira
oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba
oral
, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.

A data, horario e ubicación da proba escrita
deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

A data, lugar, hora e outras indicacións para a
realización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente
antelación.

2.2. De suspender a materia na primeira
oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para a
segunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas.

A profesora fará públicas en Moodle coa
suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas,
datas de solicitude e entrega...).

Para as implicacións da realización fraudulenta
ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

3. Na convocatoria
extraordinaria de decembro
o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e
competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita
(nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre
10; 30% da nota final).

Para as implicacións da realización fraudulenta
ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o
alumnado recibirá a cualificación NP
de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a
ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividades
presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.

5. O alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica
,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora,
pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades de avaliación
continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non
presenciais equivalentes. Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías
avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que
para o resto do alumnado.

Para a avaliación da segunda oportunidade,
aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo por
tal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación)
deberán ser de elaboración individual (agás indicación expresa da profesora) e
persoal.

A realización fraudulenta ou irregular das probas
e/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará
automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas
metodoloxías avaliables.

7. Nos casos non contemplados anteriormente
aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes