Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 20
Actividades iniciais Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Presentación oral Avaliarase tanto a elaboración da presentación, coma o grao de corrección lingüistica acadado a nivel oral e a capacidade para interesar e facer participar ao resto dos compañeiros. 20
Proba mixta Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 35
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás aulas e a participación activa, segundo a seguinte escala: número de faltas inferior ao 5%, 100% da cualificación; faltas entre o 5 e o 10%, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas, 0 puntos. A nota resultante nos dous primeiros casos poderá ser obxecto de matización (ata un 20% á baixa) se a participación do alumno non foi axeitada. 5
 
Observacións avaliación
Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten que cumprir as seguintes condicións: Aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos a mitade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de
prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non se presente ás Probas mixta e oral.
Os exercicios terán que entregarse o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase do venres (poden ser dúas o máis semanas, según a cantidade de alumnos. Neste caso realizarase a proba en orden alfabético). Estas datas poden variar. Faranse oficiais nas clases.


Na segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até unha semana antes día do examen. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame.
Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demáis actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación. Os alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes