Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A11 A15 B3 B4 B7 B8 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. 30
Proba mixta A1 A11 A15 B1 B2 B6 B7 C1 C6 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas. 40
Actividades iniciais A1 A2 A3 A15 B3 B6 C6 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 10
Presentación oral A2 A8 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B6 B7 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. 20
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: na
primeira oportunidade, o/a alumno/a ten que cumprir as seguintes condicións: aprobar
o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos a metade das
actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades
entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel estudante que
non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse até
o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase
(poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos. Neste caso
realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse
oficiais nas clases.

Na segunda oportunidade se o/a
alumno/a aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as
actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non
se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo
día do exame. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. Se o/a alumno/a
non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de
xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demais actividades tamén terá
que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos
e as diferentes actividades da avaliación.

Os traballos presentados polo alumnado
poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do
plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras
universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha
destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 

Calquera falta de
honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co
establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artigo 14).

Os/as alumnos/as con dispensa
académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso
para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación
continua ao longo de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como
o resto do alumnado e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a
convir coa profesora.

A materia
poderá ser adaptada aos/ás estudantes que precisaren da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC
/ no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes