Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Portugués
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Presentación oral A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos contidos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Consta fundamentalmente de unha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do/da docente, os/as alumnos/as levarán a cabo diversas actividades, ben de maneira individual ben organizados en pequenos grupos, a fin de partillaren información, coñecementos e habilidades.
Discusión dirixida Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, en que serán postos en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Serán apresentados e comentados diversos temas baixo a supervisión do/da docente. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes