Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Serán realizadas na sala de aulas actividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (con foco no léxico, na gramática, na fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa, nomeadamente oral, d@s estudantes. 10
Presentación oral A8 A15 B4 B7 C2 Para alén da avaliación do desempeño oral demostrado na sala de aulas, @s estudantes terán de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Proba mixta A8 A10 A15 B4 B7 C2 Cada estudante deberá realizar unha proba mixta, virada fundamentalmente para a produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves, ...), en que serán avaliados os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e coa realización dos traballos tutelados. 50
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Serán avaliadas a corrección lingüística e as estratexias e procedementos argumentativos utilizados nos textos escritos, e tamén a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto e os resultados das actividades non presenciais encomendadas. O dominio dos conteúdos focados e os resultados atinxidos canto á consecución dos obxectivos procurados no proceso de ensino-aprendizaxe será igualmente obxecto de avaliación.
Será valorizada especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
 
Observacións avaliación


  1. Todas
    as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos
    prazos e os procedementos fixados no cronograma que o
    profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e
    pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do
    prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a
    materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou
    superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá
    obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes
    elementos avaliábeis.

  2. Todas
    as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas
    de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
    concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
    léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
    lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
    cualificación segundo os criterios que figuran no documento
    "Exixencias mínimas de corrección lingüística"
    (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado
    no Campus Virtual).

  3. Calquera
    falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
    ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en
    tarefas, traballos ou outras variábeis destas características)
    será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os
    traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
    Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
    traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
    incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se producir algunha
    destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas
    contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
    cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
    Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización
    fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
    comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
    na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
    cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
    a convocatoria extraordinaria.



  4. O
    estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica
    realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
    concertada previamente co/a docente. Este alumnado deberá realizar
    e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non
    puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co
    profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso.
    Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas
    debe tamén contactar co profesorado da materia.




  5. O
    alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
    terá de contactar previamente co/a docente responsábel e, para
    superar a materia, realizar a proba mixta (5 valores), unha proba
    oral (apresentación oral; 2 valores) e aqueles traballos
    tutorizados (3 valores) que lle foren encomendados.




  6. Se
    houver criterios específicos de avaliación para algunha das
    tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo
    profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual
    e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá,
    igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
    desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.




  7. As
    persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
    continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para
    superaren a materia nesta segunda oportunidade, o estudantado
    deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou
    escritas) marcadas polo profesorado responsábel e que serán
    realizadas na data fixada ao efecto pola Facultade de Filoloxía.
    Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas
    tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con
    aqueles outros traballos que foren agora solicitados.




  8. Será
    considerado Non Presentado aquel/a estudante que non se
    presentar á proba mixta ou non entregar ningunha das actividades
    previstas neste guía.




  9. A
    materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción
    de medidas voltadas ao apoio
    à

    diversidade
    (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
    coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
    servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
    Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
    prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre
    académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía
    (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).

  10. De
    acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a
    docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva
    de xénero

    nos seus contidos e organización. Será usada
    linguaxe inclusiva e, na medida do posíbel, bibliografía producida
    por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a
    discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado
    en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os
    valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a
    reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se
    foren identificadas situacións de discriminación por razón de
    xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as
    corrixir.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes