Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Alemán
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumnado deberá consultar diferentes materiais fora da aula para a adquisición e asimilación dos contidos, así como para a correcta realización de diferentes actividades.
Traballos tutelados O estudantado deberá realizar unha serie de traballos escritos relacionados cos temas tratados na aula. O número de ditos traballos e a súa extensión serán fixados polo profesorado na aula.
Sesión maxistral Sesións teóricas impartidas polo profesorado sobre os contidos da materia.
Proba mixta Proba escrita con preguntas de tipo diverso que permita coñecer e avaliar os coñecementos e competencias adquiridas polo alumnado.
Presentación oral Presentación pública oral dun tema proposto polo profesorado.
Obradoiro Sesións centradas no desenvolvemento das prácticas de comprensión lectora e produción escrita, nelas se dará corrección de exercicios, resolución de dúbidas e abordaranse as dificultades na elaboración de textos orais e escritos en lingua alemá.
Discusión dirixida Clases e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais. Faranse actividades nas que o alumnado, de xeito individual ou en grupo, poñerá en práctica a expresión e comprensión orais. Será de especial relevancia a participación activa de todo o alumnado nestas sesións e serán tidas en conta para a cualificación final da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes