Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A5 A8 A10 A15 B3 B5 B6 B7 C3 C6 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado.
30
Discusión dirixida A1 A2 A5 A8 A9 A10 A15 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C2 C3 C6 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado.
10
Proba mixta A1 A2 A8 A10 A15 B6 B7 C2 C4 C6 - A proba mixta constará de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
45
Presentación oral A2 A8 A10 A15 B4 B5 C2 C4 - Realizarase unha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
15
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia en 1ª oportunidade

  • Realizar a presentación oral final. De non realizala, o/a alumno/a será cualificado como Non Presentado na acta.
  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. De non cumprirse estos requisitos, a cualificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.

2ª Oportunidade

  • As persoas que non superasen ou se presentasen a proba mixta e/ou a presentación oral na 1ª oportunidade deberán repetila na data oficial establecida para esta oportunidade.
  • As persoas que non entregasen ou superasen os traballos tutelados deberán recuperalos mediante actividades similares. O estudantado deberá poñerse en contacto co/coa responsable da materia para concretar as características das actividades (pautas, temática e datas).
  • A porcentaxe correspondente á actividades presenciais na aula (discusión dirixida 10%), recuperarase mediante actividades acordadas co profesorado.

Convocatoria adiantada

  • A distribución da avaliación será a seguinte: 45% proba mixta, 15% presentación oral (a concretar co profesorado) e 40% traballos tutelados (a concretar co profesorado).

Cualificación de Non Presentado

  • Calquera que sexa a oportunidade e/ou convocatoria, todo/a alumno/a que non se presente á proba oral e/ou mixta será cualificado como Non Presentado.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

  • O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Art. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado e na mesma data. Poderase establecer unha data diferente para a proba oral no caso de que estivese debidamente xustificado.
  • A porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase á presentación oral, quedando distribuídas as porcentaxes do seguinte modo: Presentación oral (15%), Traballos Tutelados (40%), Proba Mixta (45%).

Prácticas ilícitas e fraude académica

  • Os traballos ou probas nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de tradutores automáticos para a elaboración de traballos tutelados, plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da materia.
  • Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente recollida no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC" (art. 11, apartado 4. b)).

Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normasde avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao emestrado universitario" artigo 14.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes