Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 3: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais B1 C6 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Proba mixta A15 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas 40
Proba oral A15 B1 B3 C5 C6 C8 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua 20
Presentación oral A15 B3 B6 C2 C5 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación, como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
 
Observacións avaliación

Criterios
de avaliación: Na primeira oportunidade, o/a alumno/a ten que cumprir as seguintes condicións: aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral (de non cumprir este requisito, a nota final será un 4). Facer polo menos a metade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel/a estudante que non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase (poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos. Neste caso realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse oficiais nas clases.

Na segunda oportunidade se o/a alumno/a aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. Se o/a alumno/a non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo coas mesmas condicións da primeira oportunidade. No caso de non ter feitas o suspensas as demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artigo 14).

Os/as alumnos/as con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto do alumnado e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir coa profesora.

A materia
poderá ser adaptada aos/ás estudantes que precisaren da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC
/ no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes